Despois da analise das actas enviadas polos dous equipos, a FGDA resolve: 1. Queda probado tras a lectura do apartado observacións das actas, o incumprimento do artigo 48 por parte do club A BARCALA A. - ARTIGO 48. "A chave terá un longo de 51 cm, que poderá variar 2 cm aproximadamente dependendo da súa inclinación e 12 cm de ancho aproximadamente" 2. A FGDA sanciona cunha falta leve o club A BARCALA A, que conleva: - Partido perdido contra o Villa Cambre da xornada 4, cunha puntuación de cero chaves para o equipo e os xogadores. - 1 punto menos na clasificación xeral ao remate da liga. 3. A FGDA fará a media de chaves do Villa Cambre para establecer o seu marcador da xornada 4, tanto para o equipo coma para os xogadores presentes na acta. Ante esta resolución, a FGDA abre un prazo de 3 días para calquera reclamación a traves do correo da FGDA,
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
A Directiva da FGDA |